Accesibilidade

Imprimir
PDF

O Concello de Celanova procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais desta web sexan independentes dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto e accesibles para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

Un dos obxectivos da web do Concello de Celanova é evitar a infoexclusión e promover a accesibilidade co fin de alcanzar a universalización da información. Existen usuarios con minusvalías físicas, problemas de conexión ou que utilizan antigos navegadores que teñen problemas de visualización dos contidos. Consciente da importancia que ten o facilitar o acceso a Internet a todos os usuarios, O Concello de Celanova adaptou a presentación dos seus contidos á nova lexislación.

A Unión Europea, na resolución do Consello de 25 de marzo de 2002, anima os estados membros a ter en conta a necesidade de que os contidos dixitais sexan accesibles e, seguindo esta recomendación, a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, dispón que as administracións públicas adoptarán as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas páxinas de internet sexa accesible a persoas con discapacidades e de idade avanzada, de acordo cos criterios de accesibilidade ao contido xeralmente recoñecidos, antes do 31 de decembro de 2005.

Para realizar esta adaptación seguíronse as normas que establece a Web Accessibility Initiative (WAI), iniciativa do World Wide Web Consortium (W3C) e cuxo obxectivo é conseguir que as webs sexan máis accesibles para todos os usuarios:

  • aplicáronse as recomendacións para a prioridade AA de WAI.
  • seguíronse os estándares da W3C sobre html e estilos.

Ademáis o website someteuse á validación do TAW mediante distintas ferramentas ente as que se atopa o TAWdis.

valid-xhtml10vcsswcag1A-88-31

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo