Crear PDF Recomendar Imprimir

Fotografías de Manolo PAT Celta en Celanova

  • Lugar
    Sala dos Arcos do Concello de Celanova
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Maio de 2017
  • Gústame

2015 05 manolo patDende esta mesma semana e ata rematar o mes de maio, o fotógrafo carballiñés Manuel Blanco Guerra (Manolo Celta), xunto con Pat Celta, expoñen na Sala dos Arcos do Concello de Celanova, a súa mostra fotográfica “María”.

A exposición enmárcase no ámbito da colaboración entre o colectivo fotográfico “O Potiños” do Carballiño e o Concello de Celanova, unha colaboración que ven de vello, debido a que este colectivo fotográfico é un dos máis activos no ámbito da divulgación da romaría etnográfica Raigame, asistindo tódolos anos unha ampla representación de fotógrafos que logo participan no concurso fotográfico convocado pola organización de Raigame, así como na exposición que tódolos anos ten lugar arredor da Romaría con motivo do Outono Fotográfico.

A mostra, de gran beleza estética, está composta por unha vintena de imaxes adornadas por unha fermosa muller colocada como modelo estético en diferentes espazos de construcción decadentes de casas abandonadas, antigos pazos, mosteiros ou estacións de tren perdidas, edificios, en fin, que nun tempo gozaron de vida e que agora están sumidos no silencio.

Os autores quixeron amosar, con esta colección, “o contraste entre a beleza da muller e o abandono do seu contorno, coa unión de portas e fiestras, mostrando anaquiños de vida anterior e o abandono actual, deixando á imaxinación o que opuido ser ou aínda será”.2015 05 manolo pat 2

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo